FOTOGRAFÍA CREATIVA

Dende o comezo  da fotografía existiron autores que usaron esta como un medio expresivo. A continuación amosamos unha serie de autores que dende fináis de século XIX ata os nosos días usaron a fotografía como medio para desenvolver a súa creatividade.

Uns desenrolaron as súas capacidades artísticas sin ter que usar a pintura, outros experimentaron co propio medio e as súas posibilidades expresivas, e outros simplemente a utilizaron como un paso para chegar a outros fines.

PIONEIROS. (finais do século XIX, principios do XX)

JULIA MARGARET CAMERON

Fotógrafa pertencente os prerafaelistas, fotografíaba esceas con amigos e coñecidos de forte compoñente romántico e ensoñador. O Prerafaelitas eran un grupo que añoraba a época medieval e outros períodos clásicos da creación artística. Aínda que ise fora o seu obxectivo a súa técnica facía que as fotos tiveran unha peculiaridades propias, polo velado e as texturas. fixo que o desenfoque tivera a súa propia presencia expresiva.





NADAR.

O precursor na fotografía que foi promotor dos impresionistas e tamén fotografiou a personalidades da época como  o poeta Baudelaire ou Sarah Berndardt. Os seus retratos tiñan moita personalidade.

 



GUSTAVE REJLANDER

Creador fotográfico que recreaba esceas mitolóxicas ou clásicas misturando varias tomas fotográficas. Recreaba lugares e escenas con un estilo totalmente pictorialista, é dicir quería representar fotos que pareceran ou recoradaran a cuadros. Para isto facía varias fotos e logo compoñia una imaxe única con todas.

"Os dous camiños da vida"

 

A FOTOGRAFÍA E AS VANGARDAS O PERÍODO DE ENTREGUERRAS

ROCHENKO Y STEPÁNOVA. 

Nas primeiras épocas da antiga URSS había unha gran movemento de diferentes vangardas, arquitectos, deseñadores, pintores, e tamén chamáballes moito a atención a fotografía, todo se misturaba para crear obras novas. Estes dóus son un exemplo máis dos múltiples usos da fotografía na época.

Podían usar as fotos como medio para crear outras obras, como cartéis, montaxes footgráficos, pinturas..etc.


Obra de Rochenko

Varvara Stepánova e Rochenko retratados pola artista.


LASZLO MOHOLY-NAGY.

Este fotógrafo,pertencente a escola da Bauhaus, a máis importante en arquitectura e deseño de esa época, foi un pioneiro na experimentación fotográfica, acompañado pola súa muller LUCÍA.




MAN RAY e o SURREALISMO

Entre todas as vangardas o Surrealismo e o Dadaísmo xunto co Futurismo italiano, explotaron a fotografía de mil maneiras. Entre eles destacou Man Ray, que realizou as imaxes e poemas visuais máis recoñocibles destes movementos.

As fotomontaxes estaban xa a orde do día e podían empregarse de xeito alegórico ou poético.





A LOITA POLÍTICA E JOHN HEARTFIELD

Este artista elemán que cambiou o seu apellido pola forma anglosaxona, foi o máis destacado creador de fotomontaxes da época. Con unha increíble cretividade e habilidade técnica, creó unha serie de imaxes que intentaban loitar contra o ascenso do nacismo e o seus cómplices.






LOGO DA 2º GUERRA MUNDIAL E A COR

ANDY WARHOLL

Representa o artista do cambio xeopolítico, o centro da arte pasa a estar en EE.UU. e os artistas representan o mundo capitalista entre irónico e parte do seu mundo.

Warholl é o icono da arte POP aínda que el non a creou e fixo que as imaxes estandarizadas se convertiran en arte, facendo que unha simple etiqueta fora a obra máis desexada.

En canto a fotografía, fixo que se tivera en conta as imaxes sacadas con cámaras instantáneas, as míticas POLAROID




E tamén temos que ter en conta que as súas serigrafías son unha interpretación pictórica de fotografías.









OS NOSOS DÍAS

CHEMA MADOZ E A METÁFORA NA FOTOGRAFÍA

Este autor español usa a propia natureza da fotografía para crear imaxes ambiguas e de forte compoñente poético e simbólico. Usando a luz, a sombra, a liña etc...para confundirnos e ver o que non vemos.




 


Comentarios