A IMAXE

Como definirías tí unha imaxe?

Que é unha imaxe, esa é a cuestión. Temos claro que imaxe é a copia ou representación da realidade.

Temos que ter en conta que esa representación pode ser máis real e menos..Quere dicir isto máis iconicidade (máis parecido ó real) ou menos iconicidade (menos parecido).

Pero o que é importante na materia que nos ocupa, é que esa imaxe é capaz de substituír á realidade.

Posto que a imaxe da realidade xa noutros tempos e agora toma máis importancia que a propia realidade.

Banksi
Temos que ter en conta a influencia da imaxe no desenrolo do ser humano e a súa evolución. O home dende a prehistoria quedou fascinado ante a representación e polo tanto foi atrapado por ela, deulle un carácter máxico, transformador da vida.

Hoxe en día a imaxe ou imaxes da realidade están a modificar os patróns de conduta e o xeito que nos vemos a nos mesmos. Antes a través das representacións clásicas, hoxe a través dos medios de comunicación de masas e das redes sociais.



A  través de distintas imaxes o ser humano chegou a crear ideas e mesmo adoralas.


DEFINICIÓNS
A parte disto podemos analizar as distintas conceptos de imaxe:
Segundo a real academia galega:
IMAXE:
1
Representación de algo ou alguén en pintura, escultura, fotografía etc.
Unha imaxe da cidade nos anos corenta.
2
Representación dun personaxe relixioso.
Ten a mesiña de noite chea de imaxes. SINÓNIMO efixie
3
Reprodución da figura dun obxecto formado pola reflexión ou refracción dos raios luminosos.
Imaxe real. Imaxe virtual.
4
Representación mental de algo ou de alguén, real ou irreal, material ou abstracta.
A imaxe que ten del é demasiado boa. SINÓNIMOS idea, opinión, visión
5
Aspecto dunha persoa.
Aconselláronlle realizar un cambio de imaxe.
6
Figura literaria que consiste en evocar algunha cousa a través dunha palabra ou expresión coa que mantén algún tipo de relación.
Unha poesía cargada de imaxes. CONFRÓNTESE metáfora


FUNCIÓNS DAS IMAXES.

Segundo para o que se  utilicen poden ter diferentes funcións..e polo tanto significados:Funcións da linguaxe visual.

Informativa.

Son imaxes que transmiten datos relevantes sobre a señalización de lugares, por exemplo a saída dun edificio, un paso de peóns ... Tamén nos poden informar sobre as normas nun determinada área, por exemplo as sinais de tráfico. Incluso a pertenza a un determinado colectivo como pode ser no caso dun logotipo dunha empresa ou institución.

Descritiva.

Son imaxes onde se indican e se analizan elementos importantes do que aparece representado na imaxe. Ex: un debuxo anatómico ou un plano arquitectónico.

Exhortativa.

Neste grupo se clasifican principalmente as imaxes publicitarias. Onde se intenta convencer ao espectador de que consuma un determinado produto ou servizo.

Expresiva.

A principal finalidade deste tipo de imaxes é transmitir sentimentos e emocións. Ex: un cadro.

Decorativa.

Neste caso a súa principal función e crear unha determinada estética. Ex: un determinado estampado nunha prenda de roupa.

Artística.

A función e crear unha experiencia emocional e intelectual na persoa que observa a imaxe.

Comentarios