EVOLUCIÓN DA IMAXE

A evolución da imaxe está vinculada a varios perídos históricos e culturáis. Dende o principio dos tempos a imaxe vai acompañada do pensamento. Unha imaxe non é outra cousa que unha idea feita realidade. Sexe pictórica escultórica ou por calquera técnica.

As formas "organizadas" tanto dun xeito figurativo como abstrato, chamaron poderosamente a atención do ser humano.


A partir de esto o home estableceu unha relación "intelectual" coas imaxes, quere esto dicir que establece un diálogo coas imaxes e con sigo mesmo, interactuando con elas e facendo que lle acompañen no seu crecemento cognitivo.


Pode ser que precisemos reproducir algo real para que dalgún xeito permaneza entre nos, por unha relación máxica ou espiritual, ou pode que sexa por mera vanidade,  sexa como sexa será algo que acompañe a evolución da raza humana.

A imaxe axuda dende a aparición da intelixencia a coñecer o mundo  e coñecerse a un mesmo.

Dende o paleolítico temos imaxes do máis variado e con as más variadas intencións...Pero o que temos que concluir e que sempre existe unha intención ou unha idea detrás de cada imaxe...NUNCA SON INOCENTES.


Dependendo da cultura onde se desenvolve, as imaxes toman unhas formas ou outras. Esto fai que podamos recoñecer características e peculiaridades de cada cultura nas imaxes que produce.

Podemos establecer unha liña temporal vinculada a imaxe do mundo occidental.

A continuación amosamoste unha lista cos periodos, estilos, correntes e movimientos artísticos primordiais que cooperaron no progreso e transformación das artes visuais en Occidente:

Na Prehistoria:

  • Arte paleolítico (h. 40.000 – 10.000 a.C.)

  • Arte mesolítico (h. 10.000 – 4000 a.C.) Entre el mesolítico y el neolítico aparecen as figuras humanas as pinturas son máis descriptivas e monocromas. Un exemplo son as pinturas levantinas. 

  • Arte neolítico (h. 4000 – 2000 a.C.) Como se dixo arriba aparición da figura humana, nesta época consolidanse os asentamentos sedentarios, o establecemento da agricultura e nas imaxes aparecen animáis domésticos, a parte de continuar coa caza. Vemos como comeza a exploración da imaxe antropomorfa.

Cráneo de Jericó, Cráneo humano recuberto de yeso.

Detalle dunha representación humana.



En la Edad Antigua:

  • Arte egipcio (h. 5300 - 30 a.C.) 

Hieratismo, falta de naturalidade nas poses, combinado con realismo nas representacións naturais. Imaxes que responden a convencionalismos e lecturas propias da época. Imaxes-mensaxe. Canto máis alto é o rango máis alonxado da realidade=Idealización da imaxe. Mensaxes simbólicos e propagandísticos. 




  • Arte mesopotámico (h. 4000 - 539 a.C.) Varias civilizacións tiveron lugar nestazona que deu lugar as primeiras civilizacións complexas.

Estela sumeria.

Altorelevo Asirio.
  • Arte minoico (h. 3000 - 1400 a.C.) Arte micénico (h. 1500 - 1100 a.C.) Culturas mediterráneas precursoras da arte grega...tamén influídas polo orientalismo.


  • Arte griego (h. 1000 - 320 a.C.) Precursor da cultura occidental, marcou os primeiros modelos tanto en arquitectura como en escultura. Marcou as proporcións ideais do corpo humano, a trevés de diferentes cánones.

Pasou por varios períodos dende os que se asemellaban as culturas circundantes como a exipcia e micénica.

 

As primeiras manifestacións gregas aínda conservaban certo 
estatismo que recoran as exipcias.
                              

O Doríforo de Policleto é un exemplo de canon
da figura humana acadado en Grecia.

  • Arte romano (h. 400 a.C - 476 d.C.) Herdou o estilismo de Grecia,trasformándoo nun arte do espíritu romano, como forma de expansión e depropaganda. Desenvolveuno por todo occidente. Tamén foi característica a decoración interior nas paredes das casas romanas.

Or romanos demostraron como neste fresco de Pompeia
que eran capaces de representar de forma naturarl un escorzo.

Tamén como nas pinturas de exipto, que eran quen 
de retratar con naturalidade psicolóxica as persoas.



En la Edad Media:

Todos estes estilos artísticos descendentes da arte oficial romana, quedaron con unha parte ou varias das técnicas e estilismo de Roma; para irse perdendo pouco a pouco, según foron desaparecendo eses centros de poder ou estados:

  • Arte paleocristiano (h. s.I - IV) Herdeiro do romano pero con os conceptos e imaxes propias dos primeiros cristiáns
  • Arte visigodo (h. 415 - 711)
  • Arte bizantino (h. 330 – 1.453)
  • Arte mozárabe (h. 711 - 1.000)
  • Arte carolingio (h. 780 - 900)
  • Arte otoniano (h. 950 - 1050)
  • Arte románico (s. XI - XIII) Primeiro arte oficial da cristiandade que trascendeu fronteiras. Inspirado nun principio polos conceptos romanos, o estilo, as escolas e técnicas de reproducción desapareceran, quedando un estilo que transmitía mensaxes relixiosos na súa maior parte, ou libros de oración. Últimos reductos da representación eran os monasterios e igresas.


Detalle das pinturas da basílica de san Isidoro en León.





  • Arte gótico (s. XII - XVI) Refinamento do anterior. Un arte que atopou na ascensión o ceo das catedráis góticas a súa máxima expresión. Nas imaxes asadou unha maior naturalidade, representando as figuras dun xeito moito máis natural pero sin chegar a crear un espazo recoñecible. Seguen sendo imaxes estereotipadas, aínda que se recoñezan como persoas reais.





En la Edad Moderna:

  • Renacimiento (s.XV - XVI) Empeza no Quatroccento unha eclosión artística a través do descubremento de tratados e obras clásicas gregas e romanas. Empezando por Fra Angélico, Giotto y Piero della Franccesca. Os artistas buscaron un modelo novo tendo o home como medida das cousas. Destaca a creación da perspectiva situando as figuras nun espaxo con "atmósfera" e o tratamento dos escorzo.



Artistas con personalidade propia e recuperando os temas mitolóxicos. Se representan todo tipo de escenas e fábulas da época.


A arte occidental inicia un camiño lineal de auto aprendizaxe, utilizando estudos e todos os medios científicos o seu alcance. Os tres artistas máis representativos: Leonardo da Vinci, Rafael Sanzio e Miguel Angel:




 




  • Manierismo (h. 1530 - 1.600) Reflexo da personalidade dos artistas última etapa de Miguel Angel e aparición do Greco. Estilizan ou deforman as figuras buscando un enfoque psicolóxico.




  • Barroco (h. 1600 - 1750) A búsqueda da naturalidade por enriba de todo, pero tamén con un toque teatral, aparecen a luz e o tenebrismo, bucando o efectismo visual. Distintos estilos e enfoques dependendo das escolas. Uso ca cámera escura. perspectivas imposibles..



  • Rococó (1720 - 1740) Refinamento e estilización do barroco pero facéndoo máis retorcido,  enfocada o estilo palaciego e da nobleza. Sobre todo en arquitectura.


En la Edad Contemporánea:

  • Neoclasicismo (1730 - 1820) A volta o estilo máis refinado de inspiración grega ou romana.





  • Romanticismo (desde finales del s. XVIII hasta mediados del s.XIX) Expresión da arte con mensaxe, tanto de enfoque político, nacionalista ou sentimental.



  • Realismo (s.XIX) Corrente que busca a naturalidade  sobre todas as cousas, representanto escenas cotiás, arte de inspiración proletaria ou baixa burguesía.

  • FOTOGRAFÍA.

  • Prerafaelismo/  Evocación de épocas clásicas.(finais s. XIX). Recuperación dos valores da edade media representados co realismo do século xix.







  • Impresionismo (mediados s.XIX) Consecuencia da aparición da fotografía.

  • Simbolismo (finales del s.XIX)

  • Neoimpresionismo (finales del s.XIX)



  • Postimpresionismo (finales del s.XIX y principios del s.XX)


O resto de estilos veranse no traballo seguinte.

Agora veremos como nas imaxes actuais aparece algunha referencia a traballos doutros artistas. 



No caso da fotógrafa KIANA HAYERI , a cal fixo unha reportaxe sobre as mulleres afganas, apareceu unha imaxe moi suxerente dunhas rapazas. Esta imaxe que recorda as pinturas tenebristas do Barroco. Sobre todo esta  magadalena de Zurbarán.

Francisco de Zurbarán (Fuente de Cantos, 1598 – Madrid, 1664).
Magdalena penitente, s.f. Óleo sobre tela.

Adam de Coster (h. 1586 – 1643), Mujer joven sosteniendo una rueca delante de una vela
 encendida
, óleo sobre tela, 134 x 94.9 cm.

Sobre todo a utilización que facían da luz para darlle realismo e espectacularidade as imaxes. Sendo o máis importante o nomeado Caravaggio.

Deberedes logo buscar unha imaxe moderna (sacada dun periódico, unha revista, un artista, etc..) que recorde ou faga mención a un estilo artístico do pasado e que recorde ese.

Pode ser unha fotografía, pinturas, escultura...etc. .. Ten que ser unha obra a partir do seculo XX que recorde o pasado.


Comentarios