COMPOSICIÓN FOTOGRÁFICA

 ELEMENTOS DA COMPOSICIÓN.

CENTRO DE ATENCIÓN-ENCADRE-PESO VISUAL

+ outros elementos da imaxe.

SALLY MANN

A través de esta foto da gran fotógrafa podemos estudar os distintos elementos da composición fotográfica.
Empezando polos tres básicos.
  • CENTRO DE ATENCIÓN
  • ENCADRE
  • EQUILIBRIO



Eses tres elementos podemos velos si observamos a diferencia entre a imaxe cortada e a orixinal.
Nun caso como este cambia totalmente tanto o centro de atención primario como o sentido e o equilibrio da imaxe. Tamén o tipo de encadre cambia co cambio de formato.




PRIMEIROS ELEMENTOS NA COMPOSICIÓN:


CENTRO DE ATENCIÓN.

Calquer elemento discordante na imaxe pode ser o noso centro de atención.
De entrada as persoas e as caras son o que máis chama a atención. Logo de iso, o que sexa que apareza e rompa a monotonía da imaxe, pode ser unha man, un xesto, un obxeto que entre dentro do campo visual.





Pode ser por forma, tamaño, color, disposición, movemento, etc... que algo se convirta en centro de atención.












Tamén existirán imaxes sin centro de atención concreto, ou con varios centros de atención, ou repartidos, é dicir varios elementos que chamen a nosa atención.

LIÑAS

As liñas son outro elemento clave dentro da imaxe.
As liñas en si mesmas, dan lugar a moitas sensacións diferentes, poden dividir o espazo o dirixir a nosa mirada.
AS LIÑAS RECTAS. Tanto horizontais como verticais poden dividir a imaxe ou dar sensación de ritmo.





As liñas oblicuas dan máis movemento a imaxe, dotándolle de dinamismo. Tanto si son liñas reais ou son unha disposición de cousas en liña.




As liñas curvas son máis orgánicas.





As curvas poden asociarse ó corpo á sensualidade, suavidade etc.



As liñas de fuga dirixen a nosa mirada cara o lugar onde confluen.




As liñas curvas, as liñas quebradas, as liñas que se cruzan, cada cal provoca a súa sensación. Temos que ter en conta a súa importancia na lectura de imaxes.

LIÑAS COMPOSITIVAS.

Son aquelas liñas invisibles que utilizamos para a composición da imaxe. Podense utilizar as liñas presentes na imaxe e outras que poñemos para situar os obxetos da nosa composición.




TRES TERZOS. Son as liñas máis utilizadas para a composción fotográfica. Ó normal  e situar o centro de atención na confluencia dos tercios. Tamén utilizalos para colocar sobre eles as liñas da imaxe.



FORMAS

Non todas as formas chaman tanto a nosa atención, un corpo movéndose é máis chamativo que outro que permanece estático. Esto pódese aplicar a calquera tipo de forma, xa que as que sexan extranas, complexas ou chamativas atraerán máis a nosa mirada.



Foto de Cartier Bresson, o fotógrafo do "instante decisivo".

ENCADRE.


Todos estes elementos están presentes porque realizamos un recorte da realidade e pasamos a situar liñas e formas dentro dun campo de visión recortado.
Polo tanto o máis importante é como recortamos esa imaxe e que decidimos incluir nela.








O PESO VISUAL

Refírese o peso que ten cada elemento dentro da imaxe. Polo tanto terá máis peso o centro de atención. E en segundo lugar os outros elementos.
Pode haber varios elementos co mesmo peso, polo tanto teremos que equilibrar a imaxe como se fose unha balanza.












OUTROS ELEMENTOS DA IMAXE.


RITMO.









TEXTURA.

Non se pode pasar por alto a textura propia dos obxectos, xa que esta é a que provoca os diferentes tipos de refracción da luz. En si mesma a textura pode ser un elemento con significado propio dentro da imaxe.





COR.

A cor ten un lenguaxe propio que non cabería nesta entrada, e polo tanto hay que ter a súa importancia e as sensacións que provoca.





LUZ.


Elemento base, sen a luz non existiría a imaxe. Deixámolo para o final como chamada de atención.








Como elemento independiente pode dar lugar a múltiples significados. A luz é dende onde parte a vida e a representación da mesma.





SOMBRA

E que pasa coa sombra??. Si existe luz tamén a sombra, son complementarios.


https://images.app.goo.gl/nCMXyV9DJH5Eb5Q3A





Comentarios